A Asociación de Empresarios SEARA e o Concello das Pontes, organizaron o pasado decembro un Simulacro de Emerxencias, no Polígono Industrial de Os Airios.
Neste simulacro colaboraron a Dirección Xeral de Emerxencias, a Axencia Galega de Emerxencias, o Consorcio de bombeiros de A Coruña, o 061, a policía local, a garda civil, e protección civil.
A empresa PREVINEM foi a encargada de deseñar o simulacro que consistiu en levar a cabo unha situación de emerxencia, simulando un accidente de tráfico, na saída da empresa Construcciones Canosa, dun turismo e un camión cisterna (da empresa CISMUGA) que “transportaba” Tolueno.
Con esta actividade pretendeuse poñer en marcha todos os protocolos de emerxencia que foron deseñados no Plan de Emerxencia do Polígono, así como coordinar a actuación de todos os equipos de emerxencia, protección e seguridade.
O Plan de Emerxencia do Polígono de Os Airios está na súa última fase que consiste na avaliación e comprobación dos protocolos, e a implantación de medidas correctoras.