La Asociación de Empresarios SEARA, e o Concello de As Pontes, convocan os empresarios do Polígono Industrial de Os Airios, co motivo da redacción do Plan de Emerxencias. A reunión terá lugar o próximo Mércores día 14 de Novembro de 2018, ás 19:30 h, no Centro de Dinamización Empresarial e Incubadora de Empresas.

Estas entidades levan varios meses traballando, xunto coa empresa Previnem, na redacción do Plan de Emerxencias do Polígono de Os Airios, cos seguintes obxetivos:

  • Actualizar os plans existentes integrando riscos externos
  • Establecer protocolos de actuación e coordinación
  • Mellorar a capacidade de actuación dos Servicios de Emerxencia

Nesta xuntanza explicaranse as actividades levadas a cabo ata o momento, e a planificación das acción formativas e o simulacro de Emerxencias do Polígono.

Con este proxecto o que se pretende é construír unha ferramenta que integre as potencialidades do plan de autoprotección clásico, e os plans territoriais, con a súa elevada capacidade de organizar e coordinar a actuación dos medios públicos de emerxencia.

O resultado é a creación dunha aplicación móbil cunha completa e versátil base de datos dos centros ou establecementos do Polígono, permanentemente actualizados e dispoñibles para Servizos de emerxencia ante unha posible intervención.