Xuntanza da Rede de Autónomas e Empresarias

Hoxe celebramos unha nova xuntanza da Rede de Autónomas e Empresarias.

AREA foi o nome elixido polas integrantes da rede para referirse a esta nova iniciativa. Facendo referencia a importancia de que cada unha delas aporta a súa experiencia e enriquecen a rede, como se dun grao de área se tratase, e de que entre todas poden levar a cabo un proxecto máis grande e conseguir grandes resultados, formando unha montaña, consolídase este ilusiónante proxecto.

Nesta ocasión, empezaron coa ronda de presentación de proxectos para coñecerse mellor e promocionar a súas actividades e así nun futuro poder establecer sinerxías entre elas.

Grazas a @decibreiro polo deseño do noso logo.