SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL

A  Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar no DOG nº 153, do venres 11 de agosto de 2017, as bases reguladoraspara a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión do sector comercial retallista.

  1. Consideraranse actuacións subvencionables a posta en marcha de proxectos de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.

 

  • O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a, por un período mínimo dun ano, no prazo de seis meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención prevista no artigo 18.
  • Considéranse gastos subvencionables nos proxectos de expansión comercial mediante a apertura dun novo establecemento comercial as actuacións especificadas no artigo 1 desta orde.
  • Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 10.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

  1. Consideraranse actuacións subvencionables a posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial.

  • Para os efectos desta orde, considéranse proxectos pilotos pop up de expansión comercial, a apertura, por un prazo máximo de 2 meses, dun novo establecemento comercial por un comerciante retallista titular dun establecemento comercial situado na Comunidade Autónoma de Galicia ou comerciantes que realicen a actividade comercial online con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que, en ambos os casos,  onten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida
  • Considéranse gastos subvencionables nos proxectos pilotos pop up para a expansión comercial as actuacións especificadas no artigo 1 desta orde.
  • Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 7.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

  1. Titorización de proxectos de expansión dixital.

  • Para os efectos desta orde, considérase proxecto de expansión dixital o asesoramento profesional e especializado a comerciantes retallistas titulares dun establecemento comercial situado na Comunidade Autónoma de Galicia ou de comerciantes que realicen a actividade comercial online con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que, en ambos os casos, conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida, para a implantación e titorización dun plan de comunicación dixital personalizado e adecuado ao target do comerciante beneficiario, de cara a determinar o seu posicionamento en plataformas dixitais e definir a súa estratexia comercial dixital.
  • Para esta actuación o investimento máximo subvencionable será de 1.800,00 € (IVE excluído).
  • A porcentaxe de subvención será o 60 % do investimento máximo subvencionable.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2017-08-29T11:05:21+00:00 29/08/2017|