Sesión formativa “IA PARA O TEU NEGOCIO: O CAMBIO EMPEZA HOXE”

A Asociación de Empresarios SEARA pon o foco na transformación empresarial que supón a introdución da Intelixencia Artificial (IA) cunha sesión formativa práctica titulada “IA PARA O TEU NEGOCIO: O CAMBIO EMPEZA HOXE, que tivo lugar o martes 23 de setembro de 2025.

O obxectivo desta iniciativa foi achegar a Intelixencia Artificial á realidade das empresas locais, ofrecendo ferramentas e coñecementos que permitan a pequenas e medianas empresas (PYMES) aplicar estas tecnoloxías de xeito inmediato e eficaz nos seus procesos.

A sesión contou coa presenza de JOAN SANS MARTÍNEZ, consultor estratéxico e fundador de BUGI CONSULTING, unha consultoría especializada na introdución da IA no ámbito empresarial. Con máis de vinte anos de experiencia no sector da produción, Joan Sans combina coñecemento profundo do mundo empresarial, consultoría, formación e especialización en IA aplicada aos negocios, aportando así solucións prácticas e de alto valor engadido.

O programa da conferencia incluiu:

  1. Introdución e benvida: Presentación do ponente e obxectivos da sesión.
  2. Que é a Intelixencia Artificial? Explicación clara da IA, diferenzas coas prácticas de dixitalización e automatización, e exemplos de aplicación real en PYMES.
  3. Contextos e prompts: Como estruturar correctamente un “prompt” e utilizar contextos para obter respostas útiles da IA, seguindo boas prácticas.
  4. Ferramentas prácticas: Exemplos de aplicacións como Gamma (creación automática de presentacións), ChatGPT (xeneración de textos, resumos, ideas e estratexias) e Napkin (automatización de procesos sinxelos).
  5. Aplicacións empresariais: Posibilidades de uso nos procesos de produción (predición de pedidos, mantemento preventivo, xestión de inventarios) e en tarefas de oficina (correos electrónicos, redacción de orzamentos, atención ao cliente).

Esta formación representou una oportunidade única para que as empresas da comarca coñeceran como a IA pode revolucionar os seus negocios, ofrecendo unha conferencia práctica, accesible e adaptada ás necesidades reais do tecido empresarial local.