SEARA participa no acto do 15º aniversario de Cluergal en Ferrol, destacando a colaboración para unha Galicia líder en enerxías renovables

Onte, o presidente de SEARA, José Castro, e a directora da asociación, Carolina García Romalde, asistiron ao acto conmemorativo do 15º aniversario de Cluergal, celebrado no Edificio CIS de A Cabana, en Ferrol.

Durante o encontro, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou o papel decisivo dos profesionais galegos na evolución da enerxía eólica, ao tempo que subliñou a necesidade de fortalecer a colaboración público-privada para situar a Galicia como unha potencia en enerxías renovables.

O acto serviu tamén para recoñecer o traballo de persoas e entidades que impulsan o sector, destacando a importancia dunha transición enerxética sostible, baseada no respecto ambiental, na xeración de riqueza e no diálogo social.

Desde SEARA felicítase a Cluergal por estes 15 anos de traxectoria e pola súa contribución ao desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia, reafirmando o compromiso de continuar colaborando e apoiando iniciativas que aporten valor ao tecido empresarial da comarca.