A Asociación de Empresarios SEARA organiza o Xoves día 23 de Novembro de 2017, unha xornada sobre “A xestión do Risco e Prevención no ámbito Industrial”. O lugar de celebración será no Centro de Empresas no Polígono Industrial de Penapurreira, en horario de mañá de 9:30 h a 14:00 h.
Os obxectivos principais desta xornada son:
- Difundir a concienciación sobre a necesidade de mellorar a prevención de riscos para a protección de bens e persoas.
- Analizar as últimas novidades no ámbito da prevención de emerxencias e seguridade laboral.
- Coñecer experiencias no fomento da cooperación no marco dos polígonos industriais para mellorar a prevención e control de accidentes.
- Aportar solucións para unha mellor integración da prevención nas empresas.
- Dar a coñecer ferramentas útiles dirixidas a mellorar a organización na resposta humana fronte a emerxencias.
Para que esta experiencia sexa enriquecedora para todas a persoas que desenvolven a súa actividade no ámbito da prevención contamos con tres mesas debate que son “ a protección contra incendios no ámbito industrial: a experiencia dos polígonos en Galicia”, “retos para a protección dos traballadores e do medio ambiente no traballo fronte a emerxencias” e “os servizos de emerxencias fronte a prevención dos riscos na industria”.
Esta xornada é gratuita e aberta a todo o mundo. As persoas que estean interesadas poden facer a súa inscripción no enderezo electrónico info@asociacionseara.com ou no teléfono 881245992.