

SEARA firma un convenio de colaboración con el Hotel Porta das Fragas
A Asociación de Empresarios SEARA ven de asinar un convenio de colaboración co Hotel Porta das Fragas, situado en A Capela, co obxectivo de ofrecer vantaxes exclusivas aos seus socios/as.
Grazas a este acordo, os asociados de SEARA poderán acceder a condicións preferentes tanto para o aloxamento como para a organización de eventos especiais de restauración, facilitando así a planificación de encontros empresariais e actividades de ocio ou networking en contornos profesionais de calidade.
Segundo destacaron desde SEARA, a importancia desta firma radica en seguir ofrecendo servizos de valor engadido ao tecido empresarial, xerando beneficios exclusivos e fortalecendo a conexión entre o empresariado local e os recursos turísticos e hostaleiros da comarca.
“En SEARA traballamos día a día para dinamizar e apoiar ao empresariado de As Pontes e da comarca de Ferrolterra, fomentando colaboracións que supoñan oportunidades reais de crecemento e desenvolvemento”, sinalaron desde a asociación.
