

SEARA comparte o vídeo resumo do encontro do Día da Muller Emprendedora, unha xornada marcada pola emoción e o compromiso empresarial feminino
Tras o encontro celebrado o pasado luns con motivo do Día da Muller Emprendedora, a Asociación de Empresarios SEARA difunde hoxe un vídeo que recolle algúns dos momentos máis especiais vividos durante a xornada. As imaxes permiten revivir a esencia dun acto que deixou unha fonda pegada tanto no público asistente como na propia organización.
A intervención de Cristina Saavedra, xornalista galega de ampla traxectoria, foi un dos puntos máis destacados do evento. Cunha intervención próxima, empática e profundamente conectada coa realidade das emprendedoras, Saavedra conseguiu transmitir unha mensaxe inspiradora e chea de forza, reflectindo con sensibilidade os desafíos e oportunidades que afrontan as mulleres no ámbito empresarial. O seu testemuño deixounos unha marca emocional e profesional difícil de esquecer.
Ao revisar o vídeo, a satisfacción increméntase aínda máis: as sorrisas, a complicidade e a enerxía das participantes amosan con claridade a esencia do que se está a construír desde a Red AREA, un espazo no que o apoio mutuo e o crecemento compartido son protagonistas.
SEARA quere agradecer a todas as mulleres presentes pola súa labor e por seguir sendo referentes no seu sector. A súa implicación e o seu exemplo supoñen unha motivación adicional para continuar impulsando iniciativas que dean visibilidade, apoio e oportunidades ao emprendemento feminino.
