O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans innova ou activa no período comprendido entre o 1 de agostode 2016 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras.
Deben tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís, ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
As liñas de axudas son as seguintes:
- Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais (artigo 7). Contía da axuda: dende 12.000 € ata 22.000 €.
- Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade (artigo 8). Contía da axuda: dende 15.000 € ata 22.000 €
- Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico (artigo 9). Contía da axuda: dende 6.000 € ata 18.000 €
- Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica (artigo 10). Contía da axuda: dende 18.000 € ata 50.000 €
- Axuda complementaria Concilia: co obxecto de promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades, concilia-promotoras contía da axuda: 3.000 € e concilia-persoas traballadoras por conta allea 1.000 € ata 5.000 € (artigo 11).
- Axuda complementaria Dual: para incentivar a participación no programa de titorización que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro da convocatoria (artigo 12). Contía da axuda: dende 500 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Desde o día 5 de agosto ata o 4 de setembro de 2017.
Para máis información poden consultar este enlace: http://igualdade.xunta.gal/es/ayudas/subvenciones-para-el-apoyo-al-emprendimiento-femenino-programa-emega-ano-2017