A Consellería de economía, Emprego e Industria acaba de publicar no DOG as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas.
- Axuda: Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha subvención, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros.
- Beneficiarios: As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
- Gastos Subvencionables: Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web. Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación. Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.
- Prazo de solicitude: un mes.
Para máis información poden consultar a orde de convocatoria neste enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170731/AnuncioG0424-170717-0002_gl.pdf