A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar no DOG nº 148, do 4 de agosto, as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
- Programa I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (TR349A)
- Este programa ter por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos a contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.
- Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
- As contratacións deberán cumprir os requisitos do artigo 23 da orde de convocatoria.
- A contía da subvención será para as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 8.000 euros. Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan no artigo 24 desta orde.
- As obrigas dos beneficiarios veñen especificadas no artigo 29 desta orde.
- O prazo de solicitude será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
- Programa II. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (TR349D)
- Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos ás contratacións indefinidas iniciais, as contratacións de carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos formalizadas con persoas que estean en situación ou risco de exclusión social de acordo coa definición do artigo 5.3 desta orde.
- Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais, as contratacións con carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.
- As contratacións deberán cumprir os requisitos do artigo 34 da orde de convocatoria.
- As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.Esta contía incrementarase nas porcentaxes nas porcentaxes que se sinalan no artigo 35 desta orde.
- As obrigas dos beneficiarios veñen especificadas no artigo 40 desta orde.
- O prazo de solicitude será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
- Programa III. Programas de cooperación (entidades sen fins de lucro) (TR352C)
- Este programa ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
- A subvención que percibirán as entidades beneficiarias por realizar as contratacións consistirá nunha contía por cada unha delas, calculada tomando como referencia os custos salariais e de Seguridade Social das persoas que se van contratar nos termos previstos no artigo 59 desta orde.
- As contratacións deberán cumprir os requisitos dos artigos 65 e 66 desta orde de convocatoria.
- As obrigas dos beneficiarios veñen especificadas no artigo 69 desta orde.
- O prazo de solicitude será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. O prazo remata o 4 de setembro de 2017
Máis información no enderezo: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341J&ano=2017&numpub=1&lang=gl