O Concello de As Pontes, acaba de publicar no BOP nº 135, do 18 de xullo de 2017, as bases da convocatoria do Programa As Pontes Emprende 2017.

Este programa ten por finalidade incentivar a creación de novos proxectos empresariais e en Xeral fomentar a actividade empresarial, contribuíndo deste xeito á xeración de emprego no ámbito municipal do Concello das Pontes.

Poden ser obxecto desta subvención os novos proxectos empresariais emprendidos no ámbito deste concello por empresarios/as individuais ou a través de pequenas e medianas empresas,  independentemente da súa forma xurídica, que tivesen iniciado a súa actividade dende o 1 de Outubro do ano 2016 (entendendo por inicio de actividade a alta definitiva no censo de obrigados tributarios).

Poderá ser beneficiario/a calquera persoa física ou xurídica cun novo proxecto empresarial, sexa autónoma individual ou autónoma integrada nunha sociedade civil, mercantil, sociedade laboral ou comunidade de bens que, ademais de cumprir os requisitos establecidos no artigo 11 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os específicamente fixados no antedito apartado, cumpran os requisitos do artigo 2.2. destas bases.

A finalidade das axudas engadidas nesta convocatoria enmárcase en dúas liñas de actuación:

  1. INPULSATE: axuda cun importe máximo de dous mil euros (2.000 €) por persoa beneficiaria (física ou xurídica) para os gastos de aluguer para o desenvolvemento da actividade relativos ao ano 2017.
  2. INSTALATE: axuda cun importe máximo de dous mil euros (2.000 €) por persoa beneficiaria para os gastos de inmobilizado material e inversión en adecuación de locais para a posta en marcha da actividade, relativos ao ano 2017.

As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte a data de publicación do extracto da convocatoria das presentes bases no Boletín oficial da provincia da Coruña e ata o 30 de setembro de 2017, segundo o modelo establecido no Anexo I, no rexistro do Concello ou por calquera outro medio establecido no artigo 13 e 14 da LPAC.

 

Para máis información poden acudir o IPPEC (Instituto Pontés do Concello de As Pontes) ou podedes consultar o seguinte enlacehttp://vive.aspontes.org/as-pontes-emprende-axudas-municipais-creacion-de-empresas-ano-2017/