O IGAPE ACABA DE ABRIR A CONVOCATORIA DOS PRÉSTAMOS IFI

 

O IGAPE no DOG nº 206, do Luns 30 de outubro de 2017, publicou as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financiero préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedee á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

O obxecto de estes préstamos é facilitar o acceso ao crédito a aqueles proxectos económicamente viables dos sectores vinculados coa estratexia do programa operativo Feder 2014-2020, como son o fomento de investimentos en innovación e investigación, a promoción do espírito empresarial, o aproveitamento económico de novas ideas e o impulso da creación de novas empresas, así como a promoción do crecemento e consolidación das pemes, nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.

Por iso o Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 29 de xuño de 2017 acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financiero préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020, establecendo varias modalidades de préstamos:

  • IG 243 PRÉSTAMOS IFI EMPRENDE: o que se pretende con esta modalidade é apoiar financeiramente a pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos, para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia.
  • IG 244 PRÉSTAMOS IFI INDUSTRIA 4.0 : o que se pretende con esta modalidade é apoiar financeiramente pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0.
  • IG 245 PRÉSTAMOS IFI RELANZAMENTO: o que se pretende con esta modalidade é apoiar financeiramente empresas que tras ou durante un proceso de refinanciamento ou reestruturación que lles dificulta o acceso ao financiamento bancario necesiten investimentos en activos fixos e en capital circulante estrutural vinculado ao investimento, para mellorar a súa rendibilidade e recuperar mercado.
  • IG 246 IFI INNOVA: o que se pretende con esta modalidade é apoiar financeiramente  ás micro, pequenas e medianas empresas galegas no financiamento de novos proxectos innovadores.

Para máis información poden consultar as seguintes ligazóns do IGAPE: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP329 e http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP330

 

2017-11-06T10:06:15+00:00 03/11/2017|