Nova charla do programa ATRÉVETE no IES CASTRO DA UZ

Continuamos coas charlas sobre emprendemento dentro do programa Atrévete 2021 2022 da Xunta de Galicia.

Nesta ocasión, contamos coa presenza do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Magdalena mentres visitaban o @castrodauz de As Pontes.

Moitas grazas a Rosy (Maria Rosa Meizoso), da empresa @filoscrende por compartir con nós a súa experiencia emprendedora.

Un placer colaborar neste programa no que participa o IES Castro Da Uz, os colexios A Fraga e A Magdalena, e a Xunta de Galicia.

Queremos destacar o agasallo que recibimos do alumnado de 4º ESO do IES Castro Da UZ, que se adican a facer pulseiras e chaveiros personalizados para recaudar fondos para a excursión de fin de curso. Moitas gracias.