A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar, no DOG nº 160 do 24 de agosto de 2017 as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta nos cinco anos inmediatamente anteriores, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante os 6 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.

Mediante a presente axuda, a través do procedemento TR341P, permitirase que a persoa traballadora por conta propia goce das reducións indicadas no parágrafo anterior durante un máximo de 6 meses adicionais aos primeiros seis meses,  completando así un máximo de 12 meses de redución, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

O prazo de solicitude para o presente exercicio 2017, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2017.

Poden atopar máis información no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341P&ano=2017&numpub=1&lang=gl.