A Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca no DOG nº 19 ORDE do 15 de decembro de 2017 as axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I,de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II,de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas,
Obxecto:. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
Beneficiarios: aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
Prazo de solicitudes: será contado a partir do día seguinte á data de publicación destaorde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018.
Enlace Programa I: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D
Enlace Programa II: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F