O IES Moncho Valcarce foi galardoado co accésit no Certame de Cooperativismo no Ensino 2019, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, grazas á Cooperativa Educativa Coidémonos +.

O centro presentou ó Certame a cooperativa formada por 26 alumnos de 3º ESO, que co seu proxecto tratan de fomentar os hábitos de vida saudablesentre os mozos, alimentación sa, exercicio, e evitar os malos hábitos. Estes cooperativistas organízanse en grupos para preparar batidos, pinchos e ensalada de froita os seus compañeiro de instituto.

Coidémonos + é unha cooperativa creada baixo o proxecto PROEM promovido pola Asociación de Empresarios SEARA, que trata de fomentar os valores da cultura emprendedora na comunidade educativa.

Nesta ligazón podedes consultar os galardoados no Certame de Cooperativismo no Ensino:

https://ceei.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=3127028&name=DLFE-19412.pdf