A Asociación de Empresarios SEARA e a Deputación da Coruña firmaron onte un convenio de colaboración para promover o proxecto PROEM.

Esta iniciativa trata de fomentar os valores do emprendemento na educación traballando co alumnado de 3º e 4º da ESO no desenvolvemento de competencias e así formalos para o mercado laboral. As principais competencias son: a comunicación lingüística, competencia matemática, competencia social e cidadá, autonomía e iniciativa personal, capacidade esforzo, etc.

SEARA xa leva varios anos traballando neste proxecto, os resultados obtidos foron moi bos dado que conseguiron motivar os rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos para que emprenderan un proxecto cooperativo.  No ano 2017, os alumnos que participaron nesta iniciativa foron galardoados pola Xunta de Galicia co Premio ó mellor proxecto cooperativista no Ensino.

Este ano 2018 o proxecto conta con catro entidades que están a traballar neste ámbito:

  1. A Asociación de Empresarios SEARA asesorando dous proxectos:
  • 3SonRisas Cooperativa Educativa, formada por alumnos de 3º da ESO do  IES Moncho Valcarce de As Pontes que tratan de fomentar as relacións entre as persoas da terceira idade e a xente nova  a través da organización de actividades.
  • Xelo (por empezar a lograr obxetivos) Cooperativa Educativa, formada por alumnos de 4º da ESO do IES Castro Da Uz de As Pontes que intentar revitalizar As Pontes, divulgando información dos acontecementos que ocorren na vila, incentivando as relacións entre os vecinos a través da organización de eventos.
  1. A Asociación de Empresarios de Sabón, traballando con alumnos de 3º da Eso do CPI O Cruce de Cerceda.
  2. A Asociación de Empresarios de A Grela, asesorando a alumnos de 4º da ESO do IES A Sardiñeira do Concello de A Coruña.
  3. A Entidade de Conservación de Bergondo, traballando con alumnos de 4º da ESO do IES de Bergondo.