Igual que o ano pasado, a Asociación de Empresarios SEARA colabora no programa “Atrévete” promovido pola Xunta de Galicia. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer o tecido empresarial da súa contorna.

 O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

As actividades que engloba este programa son as seguintes:

a) Actividades de fomento do emprendemento para 5º e 6º de Educación Primaria:

b) Xornadas de fomento do emprendemento para 1º e 2º curso de Educación Secundaria

c) Concurso “Atrévete a ter unha idea”: Dirixido ao alumnado participante neste programa. Consiste en buscar unha boa idea de negocio, redactada como máximo en dous folios. Os traballos serán individuais. O prazo para a presentación remata o 25 de maio de 2018.

Os centro educativos que desexen participar neste programa só teñen que enviar as súas solicitudes ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es. O prazo de solicitude remata o 15 de outubro de 2017.

 

Para máis información poden consultar o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-atrevete-convocatoria-2017-2018